Libros
            
       Cadernos
     
       Folletos
        
       Audiovisuais
       Recensión
            
       Edición de Publicacións
     
       Actos Públicos
        
       Denuncias
PUBLICACIÓNS
ASOCIACIÓN CULTURAL
"OBRADOIRO DA HISTÓRIA"

© Manuel Pazos Gómez
Reservados todos os dereitos legais. Ningún contido desta páxina poderá ser reproducido ou modificado sen permiso do propietario.


é-memoria
Páxina persoal de Manuel Pazos Gómez
XORNADA LITERARIA CON XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN

Quinta e última xornada literaria organizada pola A.C. Obradoiro da História. Foi na Casa da Cultura de Ordes o día 30 de novembro do ano 2002.
Patrocinou o evento o Concello de Ordes, Internaco, Reyca, Viajes Cristín, Talleres Queirúa e a estación de servizo Cepsa de Leira.
O autor asinou un gran número de libros e os asistentes puideron escoitar a conferencia titulada Poesía e Historia, presentada por Begoña Pérez.
A actuación do grupo de cantareiras Raigañas clausurou o acto, onde Xosé Luís Méndez Ferrín despregou toda a súa sabedoría e compromiso pola defensa da lingua, da cultura e da soberanía do noso País.




PRESENTACIÓN DO LIBRO: OS CAMIÑOS ANTIGOS DO CONCELLO DE OROSO
Guía do Antigo Camiño Real ou -Inglés-

Primeiro acto deste tipo do que se ten constancia na Historia do concello de Oroso. Celebrado nas dependencias de Brétema Disco de Sigüeiro o día 27 de setembro do ano 1996.
Participaron no acto Manuel Mirás Franqueira, presidente do Grupo Rafra (patrocinador do libro) e o autor. O profesor da facultade de Xornalismo Lois Álvarez Pousa presentou aos oradores ante máis dun centenar de persoas que presenciaron o nacemento da primeira publicación específica sobre o municipio orosán.




máis ...