Libros
            
       Cadernos
     
       Folletos
        
       Audiovisuais
       Recensión
            
       Edición de Publicacións
     
       Actos Públicos
        
       Denuncias
PUBLICACIÓNS
ASOCIACIÓN CULTURAL
"OBRADOIRO DA HISTÓRIA"

© Manuel Pazos Gómez
Reservados todos os dereitos legais. Ningún contido desta páxina poderá ser reproducido ou modificado sen permiso do propietario.


é-memoria
Páxina persoal de Manuel Pazos Gómez
Manuel Pazos Gómez naceu na parroquia de Marzoa, concello de Oroso (A Coruña).  Diplomado en Maxisterio pola Universidade de Santiago de Compostela. Seguiu estudos de Historia e de Animación Cultural. É un dos fundadores e principal activista da Asociación Cultural "Obradoiro da História" (Ordes, 1996).


Foi responsábel de varias exposicións relacionadas coa Etnografía e a Memoria Histórica, así como da apertura de roteiros de interese histórico e natural.
Desenvolve un importante labor dentro do asociacionismo veciñal, pertencendo á xunta directiva de varias entidades de ámbito parroquial ou municipal.
Está considerado como un dos máis destacados investigadores da Arqueoloxía, Etnografía, Memoria Histórica e Historia Oral da comarca de Ordes.

Autor de varias publicacións, folletos e artigos que versan sobre Historia Local, tamén dun libro de ficción baseado en feitos reais acaecidos durante os primeiros anos da Ditadura Franquista.
Participou como relator en numerosas xornadas, seminarios, congresos… e deu charlas en varios centros de ensino medio. Asesorou e informou en temas de historia e patrimonio a particulares, estudantes, investigadores, institucións...