© Manuel Pazos Gómez
Reservados todos os dereitos legais. Ningún contido desta páxina poderá ser reproducido ou modificado sen permiso do propietario.
Páxina persoal de Manuel Pazos Gómez
Durante a década 1996-2006 fixéronse unha trintena de denuncias, a salientar as seguintes:
- Abandono do Dolmen de Aiazo (Frades).
- Obras no Castro de Meitufe (Ordes).
- Destrución de medorras no concello de Oroso.
- Destrución da Fonte Estrei (Ordes).
- Desfiguración do Mesón de Deus (Ordes).
- Destrución do Camiño Inglés no concello de Ordes.
- Destrución do Camiño Inglés no concello de Oroso.
- Agresión ao Coto de Guichar (Cerceda).
- Recuperación dos Batáns de Oa (Xavestre - Trazo).
- Abandono do Conxunto Etnográfico de Oa (Trazo).
- Vertedoiros de lixo no Camiño Inglés.
- Recuperación do río da Férveda (Tordoia).
- Sinalización defectuosa do Camiño Inglés.
- Agresión a unha medorra en San Nicolau (Frades).
- Agresión a unha medorra en Moar (Frades).
- Abandono de varios conxuntos históricos-artísticos.
- Desfeita de Camiños Medievais da comarca de Ordes.
A Asociación Cultural "Obradoiro da História" comezou o longo listado de denuncias coa desfeita do Dolmen de Aiazo, unha anta destruída cando se abriron as pistas da concentración da parroquia de Aiazo, no concello de Frades. Seguíronlle outras denuncias referidas, case sempre, a agresións a restos arqueolóxicos e á desfeita do patrimonio artístico e natural en varios concellos da bisbarra.
Estes feitos denunciáronse a algunha destas institucións:
- Delegación Provincial de Patrimonio (A Coruña).
- Presidente da Deputación da Coruña.
- Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galiza.
- Valedor do Pobo.
- Conselleiro de Cultura da Xunta de Galiza.
- Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago.
- Medios de Comunicación (Prensa, radio e TV).