© Manuel Pazos Gómez
Reservados todos os dereitos legais. Ningún contido desta páxina poderá ser reproducido ou modificado sen permiso do propietario.
Páxina persoal de Manuel Pazos Gómez
TARXETA POSTAL DE MANUEL PONTE
Esta pequena publicación, coa imaxe do guerrilleiro antifranquista Manuel Ponte Pedreira, iniciou as actividades da A.C. Obradoiro da História no mes de marzo do ano 1996.
Distribuíuse de balde polo concello de Ordes e Mesía, esgotándose en poucas semanas.
QUE É UN DÓLMEN? HISTÓRIA DA PENEDA DE GUNTIN OU DÓLMEN DE AIAZO (FRADES)
Tríptico tamaño A4 editado a finais do ano 1996. Patrocinado por Caixa Galicia e con deseños de Xan Ferreiro Boquete. Distribuído, principalmente, pola parroquia de Aiazo, no concello de Frades. A Peneda de Guntín (un dolmen destruído cando se abriu unha pista da concentración parcelaria) foi unha das primeiras batallas na defensa do patrimonio arqueolóxico que iniciou a A.C. Obradoiro da História. As denuncias dirixidas á Delegación Provincial de Cultura e publicitadas en varios medios de comunicación, conseguiron unha intervención arqueolóxica de urxencia, confirmando o interese do achado megalítico. Lamentabelmente, o Dolmen de Aiazo continúa abandonado por todas as administracións e polos propios veciños.
Aparte da edición das publicacións da autoría de Manuel Pazos Gómez, a asociación editou os seguintes traballos: