© Manuel Pazos Gómez
Reservados todos os dereitos legais. Ningún contido desta páxina poderá ser reproducido ou modificado sen permiso do propietario.
Páxina persoal de Manuel Pazos Gómez
ESTELA FUNERÁRIA DO CASTRO DE CASANOVA
(PEREIRA - ORDES)
Ficha para dar a coñecer a Estela Funeraria do Castro de Casanova, un dos achados máis importantes do período galaico-romano da comarca de Ordes. Datada entre os séculos III e IV, está depositada no Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de Santo Antón da Coruña.
Distribuíuse no mes de xaneiro do ano 1998.
INCINERADORA? SI, POR SUPOSTO
Adhesivo espallado pola comarca de Ordes durante o mes de maio do ano 1998 para protestar contra a construción da incineradora. Un deseño de Xan Ferreiro Boquete simboliza a postura da asociación contra o gran foco de contaminación concentrada no concello de Cerceda: incineradora, central térmica e vertedoiro de lixo da Areosa. As emisións de contaminantes afectan directamente á flora, á fauna e ás persoas da bisbarra dunha forma imprevisíbel.
Paradoxalmente, como consecuencia de que algunhas persoas colocaron os adhesivos en mobiliario público, a A.C. Obradoiro da História recibiu un requirimento do Concello de Ordes e unha advertencia verbal da Policía Municipal…
ESCUDO DE FERNÁN PÉREZ DE ANDRADE
PONTE SIGÜEIRO, OROSO
Ficha publicada en maio do ano 1998 para dar a coñecer o escudo que mandou facer o nobre betanceiro Fernán Pérez de Andrade no século XIV. Até inicios do século XX a pedra armeira estivo nun lateral da Ponte Sigüeiro, sobre o río Tambre. Actualmente (2008) exponse no Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de Santo Antón da Coruña.