Libros
            
       Cadernos
     
       Folletos
        
       Audiovisuais
       Recensión
            
       Edición de Publicacións
     
       Actos Públicos
        
       Denuncias
PUBLICACIÓNS
ASOCIACIÓN CULTURAL
"OBRADOIRO DA HISTÓRIA"

© Manuel Pazos Gómez
Reservados todos os dereitos legais. Ningún contido desta páxina poderá ser reproducido ou modificado sen permiso do propietario.


é-memoria
Páxina persoal de Manuel Pazos Gómez
LUÍS PORTEIRO GAREA

Caderno da autoría de Raquel Bello Vázquez editado no mes de xaneiro do ano 1999 e patrocinado pola Deputación da Coruña, Concello de Ordes e Caixa Galicia. A publicación percorre a vida e a obra de Luís Porteiro Garea (1889-1918); avogado, xornalista, conferenciante, activista cultural e político, membro das Irmandades da Fala… Considerado o máis importante intelectual precursor do galeguismo na segunda década do século XX. Faleceu como consecuencia da pandemia de gripe que asolou Europa no ano 1918. Está soterrado no adro da Igrexa Parroquial de Santa Mariña de Gafoi (concello de Frades).





máis ...
AS CONSTRUCCIÓNS DA AUGA NO CHONIA

Tríptico tamaño A3 da autoría de Luís Villar Folla-Cisneros. Editado no mes de marzo do ano 1999 e patrocinado polo Concello de Trazo. A publicación é un brevísimo resumo do meritorio traballo da fin de carreira do Arquitecto Técnico Luís Villar Folla-Cisneros sobre o Conxunto Etnográfico do río Chonia, localizado na parroquia de Xavestre, concello de Trazo. Batáns que xa traballaban no ano 1750, muíños e faíscas (fábricas de luz) conforman unha das máis importantes (e abandonadas) concentracións da arquitectura tradicional da auga do noso País.