Libros
            
       Cadernos
     
       Folletos
        
       Audiovisuais
       Recensión
            
       Edición de Publicacións
     
       Actos Públicos
        
       Denuncias
PUBLICACIÓNS
ASOCIACIÓN CULTURAL
"OBRADOIRO DA HISTÓRIA"

© Manuel Pazos Gómez
Reservados todos os dereitos legais. Ningún contido desta páxina poderá ser reproducido ou modificado sen permiso do propietario.


é-memoria
Páxina persoal de Manuel Pazos Gómez
EXPOSICIÓN ETNOGRÁFICA DO CONCELLO DE OROSO

Organizada polo Concello de Oroso entre os días 22 e 28 de agosto do ano 2005. Foi a primeira e a máis grande exposición deste tipo celebrada na historia da comarca de Ordes, co pavillón polideportivo de Sigüeiro dividido en sala de conferencias, mostra de fotografías dos vellos oficios e sala de exposición con máis de mil pezas relacionadas con obradoiros de zapateiro, carpinteiro, ferreiro, canteiro, liño, xoguetes, escola, apeiros, etc.



SEGUNDA EXPOSICIÓN ETNOGRÁFICA DO CONCELLO DE OROSO

Organizada polo Concello de Oroso entre os días 30 de outubro e 15 de novembro do ano 2006. Tres grandes temas (o liño e a terra, xogos tradicionais e xoguetes e a malla) centraron a exposición no Centro de Usos Múltiples de Sigüeiro. Participaron nos diferentes actos Felipe-Senén López Gómez, Paco Veiga, o grupo de música tradicional Raigañas e Mini e Mero. Desenvolveuse unha xornada de xogos tradicionais dirixida por Manel Rives, profesor no CEIP de Sigüeiro e na que colaborou Brinquedia, a Rede Galega do Xogo Tradicional. Editouse o tríptico O proceso do liño e proxectouse un vídeo da malla do trigo realizada en Rial (Trasmonte).
Os responsábeis do control da exposición contabilizaron 2200 visitantes.


máis ...

Como actividades paralelas programáronse conferencias de Felipe-Senén López Gómez, Clodio González Pérez e Xoán Carlos Rodríguez Pérez. Durante a exposición proxectouse de forma continuada o vídeo cedido polo Museo do Pobo Galego O Carro e o Home (1940) de Antonio Román e Xaquín Lorenzo, Xocas. Realizouse un DVD con entrevistas e imaxes do acontecido durante a mostra. A empresa responsábel da seguridade contabilizou 1700 visitas.