© Manuel Pazos Gómez
Reservados todos os dereitos legais. Ningún contido desta páxina poderá ser reproducido ou modificado sen permiso do propietario.
Páxina persoal de Manuel Pazos Gómez
EXPOSICIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA
Organizada pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ordes durante a segunda quincena do mes de xaneiro do ano 2007. Patrocinada pola Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galiza. Colaboraron a A.C. Obradoiro da História, Fundación 10 de Marzo, Ediciós do Castro e a Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia. A exposición, que tivo lugar no Centro Comarcal de Ordes, consistiu nun percorrido visual pola Segunda República, polos sucesos de 1936 e pola Guerrilla Antifranquista a través da prensa da época, libros, fotos, actas de consellos de guerra, documentos sonoros, simboloxía franquista e republicana, etc. Nas conferencias interviron Xesús Alonso Montero, Emilio Grandío Seoane, Manuel Pazos Gómez e Bernardo Máiz Vázquez. Na xornada de clausura participaron Mini e Mero. Presentou os actos Manuel Mirás Franqueira, Presidente da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ordes.
SEGUNDA EXPOSICIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA
Organizada pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ordes no Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa (Sigüeiro) durante a segunda quincena do mes de xaneiro do ano 2008. Patrocinada pola Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galiza. Colaboraron a A.C. Obradoiro da História, Fundación 10 de Marzo, Ediciós do Castro, Ateneo Republicano de Galicia e a Revoltaina Cultural da Beira de Bergantinhos. A exposición centrouse na Segunda República e nos Foucellas (guerrilleiros antifranquistas). Nas conferencias participaron Xesús Alonso Montero, Isaac Díaz Pardo, Avelino Pousa Antelo, Bernardo Máiz Vázquez. Uxío-Breogán Diéguez Cequiel e Xosé Luís Rivas "Mini". Na clausura da exposición actuaron Mini e Mero, do grupo A Quenlla. Durante a mostra proxectáronse documentos da época: No-Do, carteis da Guerra Civil, etc.