© Manuel Pazos Gómez
Reservados todos os dereitos legais. Ningún contido desta páxina poderá ser reproducido ou modificado sen permiso do propietario.
Páxina persoal de Manuel Pazos Gómez
HISTÓRIA DA PRENSA LOCAL NA COMARCA DE ORDES
Editado pola A.C. Obradoiro da História. Ordes, 1997. Formato tríptico tamaño A3. Patrocinado por Caixa Galicia.
Recolle as cabeceiras dos catro xornais históricos que xurdiron en Ordes: El Fomento (1878), La Dinamita (1893), La Tribuna (1902) e El Terruño (1903). Outros titulares comentados son O Terruño, boletín informativo da asociación cultural do mesmo nome que desenvolveu actividades socioculturais entre os anos 1975 e 1984; O Lorcho, nado en Mesía no ano 1987 como voceiro de cultura popular do BNG; Portavoz, editado pola Agrupación Socialista de Ordes; Trastámara, revista editada en Cerceda entre os anos 1993 e 1995.
Desde novembro do ano 1991 até outubro do 1992, publicouse O Mês, voceiro comarcal da Associaçom Reintegracionista de Ordes (ARO), unha experiencia xornalística sen precedentes que inundou a bisbarra con páxinas que trataban da lingua, cultura, ecoloxía, historia…
HISTÓRIA DA BANDA DE ORDES (1931-1934)
Editado pola A.C. Obradoiro da História. Ordes, 1998. Formato tríptico tamaño A3. Patrocinado por Ordelec e Electricidad Carlos.
Este traballo comeza cunha reflexión sobre a música popular recollida ao ilustre etnógrafo Antonio Fraguas. No folleto faise un percorrido pola Banda de Música de Ordes que existiu durante a Segunda República. O seu nacemento, os seus directores, os seus membros (ano 1932), fotos e recortes de prensa da época, de como eran as festas patronais daqueles tempos e da homenaxe que recibiu o máis destacado dos seus directores, Higinio Cambeses, en setembro do ano 1932.