© Manuel Pazos Gómez
Reservados todos os dereitos legais. Ningún contido desta páxina poderá ser reproducido ou modificado sen permiso do propietario.
Páxina persoal de Manuel Pazos Gómez
MANUEL GARCÍA GERPE
História dun exílio
Editado pola A.C. Obradoiro da História. Ordes, 1999. Formato tríptico tamaño A3. Patrocinado polo Patronato Municipal de Cultura e Deportes do Concello de Ordes e polas empresas Ordelec e Electricidad Carlos. Deseños de Xan Ferreiro Boquete.
Manuel García Gerpe, nado en Ordes no ano 1908, morreu no exilio en Buenos Aires no 1949. Líder ideolóxico da Segunda República en Ordes, especialmente durante o goberno municipal da Frente Popular (entre febreiro e xullo do 1936). Licenciado en Dereito e militante de Izquierda Republicana. Membro das Milicias Populares que defenderon Madrid das tropas franquistas. Posteriormente foi oficial do exército leal á República. Perdida a guerra exiliouse na Franza, permanecendo nun campo de refuxiados en condicións infrahumanas. Exiliouse en Buenos Aires, onde seguiu loitando contra a Ditadura Franquista até a súa morte. Escribiu varios libros e exerceu o xornalismo político no exilio, onde fundou El Republicano Gallego.
A MEDORRA E O CASTRO DE RECOUSO
San Martiño de Marzoa - Oroso
Editado pola A.C. Obradoiro da História. Ordes, 1999. Formato tríptico tamaño A3. Patrocinado por Caixa Galicia, M. Siverio, Rafra e Fibras Ordes. Deseños de Xan Ferreiro Boquete.
Primeiro número dunha triloxía de folletos sobre a parroquia de Marzoa, concello de Oroso. Descrición da Medorra e do Castro de Recouso, a liñaxe dos Marzoa e a Historia de San Martiño.