Libros
            
       Cadernos
     
       Folletos
        
       Audiovisuais
       Recensión
            
       Edición de Publicacións
     
       Actos Públicos
        
       Denuncias
PUBLICACIÓNS
ASOCIACIÓN CULTURAL
"OBRADOIRO DA HISTÓRIA"

© Manuel Pazos Gómez
Reservados todos os dereitos legais. Ningún contido desta páxina poderá ser reproducido ou modificado sen permiso do propietario.


é-memoria
Páxina persoal de Manuel Pazos Gómez
O RETÁBULO DA IGREXA PARROQUIAL. O CAMIÑO MEDIEVAL SIGÜEIRO-BETANZOS AO SEU PASO POR RECOUSO
San Martiño de Marzoa - Oroso

Editado pola A.C. Obradoiro da História. Ordes, 2000. Formato tríptico tamaño A3. Patrocinado por Caixa Galicia, M. Siverio e a Asociación de Veciños San Martiño de Marzoa. Deseños de Xan Ferreiro Boquete.
Segundo número dunha triloxía de folletos sobre a parroquia de Marzoa. Descrición do retablo da igrexa parroquial e do camiño medieval ao seu paso pola aldea de Recouso. Estudo da toponimia dos lugares máis coñecidos da parroquia e unha recompilación dos nomes de vacas máis usuais, completan este traballo.



NICOLÁS DEL RÍO CASTELO
Un mestre inolvidábel

Editado pola A.C. Obradoiro da História. Ordes, 2000. Formato tríptico tamaño A3. Patrocinado pola Concellería de Cultura e Deportes do Concello de Ordes e polas empresas Ordelec e Electricidad Carlos. Deseños de Xan Ferreiro Boquete.
Nicolás del Río Castelo, nado en Compostela no ano 1874 e morto en Sada no 1948, foi un mestre moi apreciado pola súa sabedoría e polo trato que lle deu aos seus alumnos. Nárrase a súa vida profesional en Cedeira e en Ordes, as homenaxes merecidas que recibiu e reprodúcese unha carta que lle dirixiu Ramón Cabanillas desde Moaña no ano 1942. Unha rúa do barrio ordense do Paraíso leva o seu nome.



máis ...