© Manuel Pazos Gómez
Reservados todos os dereitos legais. Ningún contido desta páxina poderá ser reproducido ou modificado sen permiso do propietario.
Páxina persoal de Manuel Pazos Gómez
Os batáns son artefactos de madeira movidos por auga que servían para bater rolos de tecidos que se utilizaban para mantas. Os rolos metíanse na pía e os manlles, alternándose, golpeaban contra o tecido, premendo a trama e dándolle a textura precisa.
O funcionamento dun batán é sinxelo: a auga cae con forza e fai xirar a roda e o eixo. As elevadoras baten contra as zapatas das almancas e accionan os manlles, que baten contra a pía onde está o rolo do tecido confeccionado no tear. Cara á pía guíase unha canle con auga para que o tecido non se estrague coa fricción dos golpes.
No Conxunto Etnográfico do río Chonia, en Oa, parroquia de Xavestre (concello de Trazo) consérvanse dous batáns. Hai constancia de que xa traballaban no ano 1750, esmorecendo na década de 1960.
© www.cenlitrosmetrocadrado.com © www.oscarotero.com © www.manuelpazos.info
Patrimonio Etnográfico da Comarca de Ordes: Os batáns do río Chonia