© Manuel Pazos Gómez
Reservados todos os dereitos legais. Ningún contido desta páxina poderá ser reproducido ou modificado sen permiso do propietario.
Páxina persoal de Manuel Pazos Gómez
OS CAMIÑOS ANTIGOS DO CONCELLO DE OROSO
Guía do Antigo Camiño Real ou "Inglés"
Editado pola A.C. Obradoiro da História. Ordes, 1996. 110 páxinas. Patrocinado polo Grupo Rafra (Sigüeiro). Primeira publicación específica que se editou na historia deste municipio.
Comprende unha recensión dos camiños medievais e do patrimonio do concello de Oroso, describindo minuciosamente o Antigo Camiño Real da Coruña a Compostela. A publicación inclúe unha guía de recursos históricos, artísticos e arqueolóxicos localizados ao longo dos camiños medievais.
ORDES
Crónica fotográfica do século XX
Editado por Edicións Espiral Maior. Colección Imaxes no tempo. A Coruña, 2002. 178 páxinas. Patrocinado polo Concello de Ordes. Coautor: Daniel Pereiro López.
Achegamento á historia de Ordes no século XX. 262 fotografías que ilustran a vila, a sociedade, os persoeiros, os acontecementos, a educación, a cultura e os deportes da vila ordense.