Libros
            
       Cadernos
     
       Folletos
        
       Audiovisuais
       Recensión
            
       Edición de Publicacións
     
       Actos Públicos
        
       Denuncias
PUBLICACIÓNS
ASOCIACIÓN CULTURAL
"OBRADOIRO DA HISTÓRIA"

© Manuel Pazos Gómez
Reservados todos os dereitos legais. Ningún contido desta páxina poderá ser reproducido ou modificado sen permiso do propietario.


é-memoria
Páxina persoal de Manuel Pazos Gómez
Esta aceptación mutua levou a que os seus responsábeis aumentasen os obxectivos no eido da investigación e da divulgación da histórica local e doutros campos como o da arqueoloxía, etnografía, literatura, música tradicional…
Así mesmo, comezouse co labor de constituír unha biblioteca, un arquivo histórico e unha colección etnográfica.




A Asociación Cultural "Obradoiro da História" naceu no mes de marzo do ano 1996 cando un grupo de amigos decidiu organizarse e constituírse en asociación co obxectivo inicial de encher, dalgún xeito, o baleiro cultural crónico que padecía a comarca de Ordes e que as institucións políticas non se molestaban en atallar. Outra das pretensións iniciais era defender o patrimonio histórico, arqueolóxico e natural tantas veces ameazado, desprotexido e desprezado polos gobernantes locais.
Para tentar cumprir os obxectivos marcados, a asociación desenvolve as súas actividades en tres campos:

EDICIÓN DE PUBLICACIÓNS
Distribuídas, maioritariamente, de balde e que supoñen unha novidade na recuperación e difusión da historia local.

ACTOS PÚBLICOS
Que significan un contacto directo cos veciños, alternando as ofertas: xornadas literarias, presentación de libros, conferencias, etc.
Paralelamente, contaba cunha rede de socios e socias distribuídos pola comarca de Ordes e da colaboración dun grupo de empresas que patrocinaban as actividades, ante a falta de axudas institucionais, sobre todo, durante os primeiros anos de vida da asociación.
As denuncias pola desfeita do patrimonio arqueolóxico e a publicación dos primeiros traballos de historia local, xeraron unha expectación e admiración recíproca entre a veciñanza e o grupo de activistas que lideraban a asociación.
Durante a década de máxima actividade (1996-2006), o núcleo da asociación estivo constituído por un reducido número de socios que, para evitar inxerencias interesadas, mantivo unha estrutura fechada, de tal xeito que ningunha persoa ou institución puidese influír ou desvirtuar os obxectivos iniciais baseados no compromiso de manter viva a identidade da nosa bisbarra e do noso País.
DENUNCIAS
Por agresións ao patrimonio histórico, artístico, arqueolóxico e natural dirixidas a varias institucións: Dirección Xeral de Patrimonio, Valedor do Pobo, prensa… Algunhas destas denuncias, por constituíren unha novidade, tiveron gran repercusión nos medios de comunicación.

Ao longo do tempo, a A.C. Obradoiro da História deu o seu apoio a varios colectivos de carácter cultural, ecolóxico e social, comprometéndose sempre coa defensa da lingua e da cultura do noso País.

O día 12 de marzo do ano 2005, a A.C. Obradoiro da História recibiu o "Premio Irmandade Moncho Valcarce" na modalidade de "Defensa da Terra".
O segundo galardón recibido pola asociación foi o día 28 de setembro do ano 2008, cando lle foi concedida a "Cunca das Artes 2008" pola Asociación de Amizade e das Artes Galego Portuguesa.